Versión en castellano
Museos

Museo Etnográfico de Frades.

 

O campo galego de hoxe só se pode explicar a través da súa historia. Ata mediados do século pasado permaneceu nun estado de profundo atraso económico e tecnolóxico. Saír del foi un lento e difícil proceso. Este museo é unha homenaxe ás mulleres e homes de Frades que fixeron posible esa superación e, en xeral, a tantas xeracións de galegos e galegas aos que lles debemos o noso actual benestar. O Museo Etnográfico de Frades reúne moitos dos útiles e ferramentas do campo e do fogar que foron os seus compañeiros cotiáns na fatiga e no descanso, na dura xornada de traballo e na vida familiar.

Paga a pena velo, poden ver un adianto pinchando no título.

title Filter     Amosar # 
# Título do Artigo
1 Museo Etnográfico de Frades