Versión en castellano
Inicio Novas Unha vintena de veciñas participan na primeira sesión do taller psicoemocional “Control do estrés e da ansiedade”
Unha vintena de veciñas participan na primeira sesión do taller psicoemocional “Control do estrés e da ansiedade”
Xoves, 15 Marzo 2018 00:00

FradesestreswebUnha vintena de veciñas de Frades participaron na tarde de onte mércores na primeira das tres sesións do obradoiro psicoemocional “Control do estrés e da ansiedade: técnicas de relaxación”, organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura ao abeiro do programa “Neneiras”, unha iniciativa para promover a igualdade e a integración social das mulleres do rural. Un obradoiro gratuíto para as participantes, xa que está financiado pola Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo. As próximas sesións terán lugar os mércores 21 e 28 de marzo, de 16:00 a 18:00 horas.


O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, asistiu á apertura desta sesión e agradeceu a colaboración da ONG Mestura, que se plasmará noutros tres cursos que se impartirán en Frades durante o vindeiro mes de abril: “Control do estrés e ansiedade” (6 horas), “Filigrana e complementos decorativos do fogar” (30 horas) e “Manexo e uso de tabletas e smartphones” (30 horas).

 

Os tres cursos terán lugar no edificio multiúsos de Frades e a asistencia é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ( 981 695 567 e 981 695 663). Para facilitar a participación, en todos os casos haberá dispoñible un servizo de conciliación. Estes cursos son froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, que contan co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.