Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades homenaxea a María Novoa Bao, veciña da parroquia de Abellá que vén de cumprir 100 anos
O Concello de Frades homenaxea a María Novoa Bao, veciña da parroquia de Abellá que vén de cumprir 100 anos
Venres, 06 Abril 2018 00:00

centenaria2018webO Concello de Frades vén de homenaxear á súa veciña María Novoa Bao, da parroquia de Abellá, con motivo do seu centésimo aniversario. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e a concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez, desprazáronse ata o lugar da Vila (Abellá) para entregarlle unha placa conmemorativa e un ramo de flores á única centenaria que hai na actualidade no municipio, que tamén conta cun veciño camiño dos 101 anos na parroquia de Aiazo: Ramiro López Cotón.

 

Alcalde e concelleira compartiron un tempo de encontro con María Novoa, quen lles explicou que traballou toda a súa vida como labrega en Abellá e que agora vive co seu fillo e a súa nora. Conta con dous netos, catro bisnetos e tres tataranetos.