Versión en castellano
Inicio Novas Unha trintena de persoas participa no obradoiro para facer trampas para a avespa asiática organizado polo Concello de Frades
Unha trintena de persoas participa no obradoiro para facer trampas para a avespa asiática organizado polo Concello de Frades
Martes, 10 Abril 2018 15:00

CharlavelutinaFradeswebUnha trintena de persoas participaron na charla gratuíta sobre a avespa asiática organizada polo Concello de Frades, que incluíu un obradoiro de realización de trampas e atraentes caseiros. Unha xornada impartida por Ramiro Freire, apicultor e divulgador ambiental, quen explicou aos presentes a importancia de actuar nesta época do ano pois “cada avespa asiática que eliminemos é posiblemente un niño menos, xa que é o momento no que as novas raíñas saen a facer os seus niños primarios”.


Á charla, celebrada no multiúsos de Frades, asistiron o alcalde Roberto Rey e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos. Rey Martínez fixo fincapé na necesidade de actuar de xeito conxunto contra unha especie invasora que está a causar importantes prexuízos económicos nos sectores apícola e frutícola.