Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades achega 6.000 euros a doce asociacións de veciños e comisións de festas do municipio
O Concello de Frades achega 6.000 euros a doce asociacións de veciños e comisións de festas do municipio
Luns, 02 Xullo 2018 00:00

ComisionFestas2018webO alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de asinar os convenios de colaboración con doce asociacións de veciños e comisións de festas do municipio polos que o Concello de Frades achegará 500 euros a cada entidade para a organización das distintas festas patronais do municipio. En total, o Concello de Frades achegará 6.000 euros, que poderán ser empregados para aluguer de carpas, gastos de electricidade, actuacións musicais o pirotecnia nas festas patronais de Frades.


As entidades beneficiarias destas axudas son as Comisións de Festas de Céltigos, Mesos e Ledoira, para a realización das festas de Augas Santas (9 de setembro), Santa Margarida (20 de xullo) e do Carme (5 de agosto). Tamén recibiron eses 500 euros a asociación cultural Rutural de Añá, para as Festas de San Paio (23 de xuño) e Santa María (15 e 16 de agosto); e as asociacións de veciños Os Pasos de Aiazo, para a Festa de San Pedro e Corpus (30 de xuño e 1 de xullo) e San Roque (19 de agosto); San Xoán de Vitre, para a Festa de San Xoán (24 e 25 de xuño) e Nosa Señora das Virtudes (1 de setembro); e Rexente de Ponte Carreira, para as Festas de Santa Mariña (18 e 19 de xullo).

 

Finalmente, tamén resultaron beneficiadas as asociacións de veciños Os Labregos de Abellá, para as festas do Corpus (2 de xuño) e do Carme (15 de xullo); San Martiño de Frades, para as festas de San Miguel (29 de setembro), Madalena (22 de xullo) e San Nicolao (8 de setembro); Río Maruzo, para as festas do Carme (15 de xullo) e de San Roque (2 de setembro); Río Samo de Galegos, para as festas do Carme (25 de xullo); e Santa María de Papucín, para a festa de Santa María (15 e 16 de maio).

 

Rey Martínez, que estivo acompañado polo concelleiro de Facenda, Manuel Ferreiro Marzoa, aproveitou o acto de sinatura dos acordos de colaboración para explicarlles aos presentes os detalles da nova Lei de espectáculo, que entra en vigor hoxe e á que teñen que adaptarse as comisións de festas das distintas parroquias.