Versión en castellano
Inicio Novas A Xunta solventa os problemas de recepción de televisión cun novo microrremisor de TDT
A Xunta solventa os problemas de recepción de televisión cun novo microrremisor de TDT
Martes, 19 Outubro 2010 14:59

A Xunta de Galicia vén de instalar un microrremisor de TDT en Frades que solventa os problemas de recepción de TDT nas localidades de Tarrentos e Sanamil, na parroquia de Añá (Frades). Unha medida que beneficia directamente aos seus 103 veciños, que tiñan bloqueado o sinal da TDT do centro emisor de Boimorto por culpa dunha arboreda.

 

 

O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, que supervisou a instalación do microrremisor, amosou a súa satisfacción pola solución destes problemas. Unha solución froito dunha petición realizada polo pleno municipal diante da Secretaría Xeral de Medios ante as reclamacións presentadas pola asociación de veciños de “Rexente” (Gafoi).

 

Unha instalación que solventa os problemas de recepción detectados polos técnicos, coa única excepción dos veciños de Devesa, en Aiazo (24 habitantes), e nun pequeno grupo de casas de Currás (Gafoi), que teñen problemas de recepción por mor da arboleda que as rodea. Nestes dous casos, a única solución será a instalación da recepción da TDT satélite, para a cal a Secretaría Xeral de Medios ten aberta unha liña de subvención para os colectivos en risco de exclusión social, que inclúe a entrega en especie e instalación dos equipos técnicos necesarios para a recepción por satélite naquelas zonas onde non chega a sinal da TDT por medios terrestres.