Versión en castellano
Inicio Novas Frades solta 2.000 alevíns de troita para repoboar os ríos Maruzo, Gaiteiro e Samo
Frades solta 2.000 alevíns de troita para repoboar os ríos Maruzo, Gaiteiro e Samo
Mércores, 20 Outubro 2010 19:13

soltadetroitasO Concello de Frades realizou o pasado 6 de outubro a solta de 2.000 alevíns de troita proporcionados polo Centro Ictioxénico de Sobrado, entidade dependente da Consellería do Medio Rural. Un acto que estivo presidido polo alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, que contaron co asesoramente de seis expertos troiteiros de Frades sobre os mellores lugares para proceder á solta destes alevíns de troita, que axudarán a repoboar os ríos Maruzo, Gaiteiro e Samo.

 

 

Miguel Prado sinala que “quixemos contar coa colaboración e asesoramento destes homes, pois levan décadas pescando nos ríos de Frades e saben ben dos mellores sitios para que poidan criar mellor estes alevíns de troita”. Entre estes expertos troiteiros de Frades figuraban Manuel Mandayo Suárez, José Antonio Carnota Aparicio, Lino Espiñeira Pardo, Luís López Blanco, Luís Iglesias Garea e Manuel Mandayo Suárez.

 

Durante toda a mañá, os troiteiros e o persoal técnico do Servizo de Conservación da Natureza procederon á solta dos exemplares en distintos puntos dos ríos Maruzo, Gaiteiro e Samo. Ademais, o alcalde de Frades adianta que durante a próxima semán procederase á solta de outros 500 exemplares de troita adultos nos ríos do municipio.