Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades inviste 186.000 euros na mellora da estrada Abellá-Papucín-Frades
O Concello de Frades inviste 186.000 euros na mellora da estrada Abellá-Papucín-Frades
Venres, 03 Xullo 2009 00:00

O Concello de Frades ven de mellorar o firme da estrada que une Abellá e Frades, “unha das vías principais do municipio e que, a pesares de que xa era unha pista con aglomerado, este presentaba un desgaste polo paso dos camións cisternas que recollen o leite nas explotacións do municipio”, explica o alcalde fradense, Miguel Prado. Unhas obras nas que o Concello de Frades investiu 185.995 euros, procedentes do Fondo Estatal de Investimento Local.

 

Estrada Abellá-Papucín-FradesAs obras de mellora consistiron nunha capa de aglomerado quente ao longo dos 4.950 metros desta estrada. Prado Patiño asegura que este tipo de obras son “unha aposta polo futuro e pola calidade das nosas pistas municipais, mellorando así a seguridade viaria tanto dos peóns como dos condutores que as utilizan”.