Versión en castellano
Inicio Novas Oito veciños e veciñas de Frades rematan un curso de ofimática de 50 horas adaptado ao nivel e ás necesidades de cada alumno
Oito veciños e veciñas de Frades rematan un curso de ofimática de 50 horas adaptado ao nivel e ás necesidades de cada alumno
Mércores, 03 Agosto 2016 13:22

cursoinformatica2016webOito veciños e veciñas veñen de rematar un curso de ofimática de 50 horas lectivas convocado polo Concello de Frades. Trátase dun curso no que o profesorado se adapta tanto ao nivel como ás necesidades de cada alumno, podendo así ofrecerlle unha formación personalizada tanto no paquete de Office (Word, Excel, Access, Powerpoint) como en Internet (navegación, redes sociais, correo electrónico...). As clases impartíronse durante dous días por semana na Aula de Informática do Concello de Frades en horario nocturno, o que facilita máis a participación da veciñanza.