Versión en castellano
Inicio Novas Unha viaxe a Madrid e Toledo con 97 veciños e veciñas pon o broche de ouro ao Programa de Verán do Concello de Frades
Unha viaxe a Madrid e Toledo con 97 veciños e veciñas pon o broche de ouro ao Programa de Verán do Concello de Frades
Luns, 19 Setembro 2016 00:00

ParqueRetirowebUn total de 97 veciños e veciñas participaron esta fin de semana nunha viaxe de tres días a Madrid e Toledo, coa que o Concello de Frades pon o punto e final ao seu Programa de Verán. Unha expedición que estivo encabezada polos concelleiros de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez; Maiores, Jesús Francos; e Medio Ambiente, Juan Carlos Portos. Podes ver máis fotos no noso Facebook.


 

Os veciños saíron de Frades o venres 19 de setembro con destino Madrid, onde visitaron o Palacio Real e lugares emblemáticos da vila como a Praza de España, a Cibeles ou o estadio Santiago Bernabéu. O sábado, tras visitar o Museo Naval, a expedición dividiuse en dous grupos. As familias con nenos pequenos trasladáronse ao Parque Warner, onde desfrutaron das súas múltiples atraccións e personaxes. O resto desprazouse ata Toledo, onde fixeron un percorrido turístico pola vila. O domingo 18 de setembro, antes de emprender a viaxe de regreso a Frades, a expedición realizou unha última visita a lugares como o parque do Retiro ou o Rastro de Madrid.

 

Con esta viaxe, o Concello de Frades dá por rematadas as saídas programadas no seu Programa de Verán, nas que participaron máis de 260 veciños e veciñas e que tiveron como destinos Covadonga, os Muíños da Barosa (Pontevedra), o Aquapark de Cerceda e esta última a Madrid e Toledo.