Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades inviste case 27.000 euros na mellora do alumeado público en Vista Alegre, Reboredo, Caboladrón e San Martiño
O Concello de Frades inviste case 27.000 euros na mellora do alumeado público en Vista Alegre, Reboredo, Caboladrón e San Martiño
Venres, 18 Novembro 2016 00:00

farolainegawebO Concello de Frades vén de investir un total de 26.980,19 euros na mellora do alumeado público nos lugares de Vista Alegre e Reboredo (parroquia de Galegos), Caboladrón (parroquia de Mesos) e San Martiño (parroquia de Frades). Unhas obras subvencionadas nun 62% polo Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER que pretenden mellorar a eficiencia e o aforro enerxético, reducindo ao mesmo tempo as emisións de gases que provocan o efecto invernadoiro; e reducir a contaminación lumínica.

 

Estes proxectos enmárcanse dentro dun Plan de aforro enerxético iniciado polo Concello en anteriores exercicios a partir do cal cada ano se substitúen as luminarias de mercurio en diferentes núcleos de poboación. Este ano é o primeiro que se utiliza a tecnoloxía led e substituíronse un total de 90 lámpadas de mercurio, co que se prevé un aforro de máis do 80%.

 

Nos vindeiros anos o Concello ten previsto seguir adiante cos proxectos enerxéticos no resto dos nucleos.

 

 

 

 

 

 

cartelvistaalegrecartelreboredo

 

 

 

 

 

 

 

 

cartelcaboladron

cartelsanmartino