Versión en castellano
Inicio Novas Corenta veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Palencia e Valladolid
Corenta veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Palencia e Valladolid
Martes, 25 Abril 2017 13:31

VisitaPalenciawebUn total de corenta veciños e veciñas de Frades, acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, participaron nunha excursión ás vilas de Palencia e Valladolid esta pasada fin de semana. Durante tres días, a expedición realizou visitas guiadas a lugares de interese cultural como a Cova dos Franceses e a Vila Romada da Olmeda (Palencia) ou o claustro do Colexio de San Gregorio e as igrexas de San Pablo e a Antiga (Valladolid). Máis fotos no Facebook.


A maiores, a expedición fradense tivo a ocasión de visitar o Canal de Castela, que percorreron a bordo dun barco. Este é o segundo ano consecutivo no que o Concello de Frades escolle Castela e León coma destino desta viaxe, logo do éxito acadado en edicións anteriores con excursións a Asturias, Cantabria, Salamanca e Portugal.