Versión en castellano
Inicio Novas Enma Argibay, das EDM do Concello de Frades, campioa infantil dos 3.000 metros femininos nas Xornadas de Atletismo que tiveron lugar en Ribeira
Enma Argibay, das EDM do Concello de Frades, campioa infantil dos 3.000 metros femininos nas Xornadas de Atletismo que tiveron lugar en Ribeira
Mércores, 26 Abril 2017 00:00

EnmaArgibaywebEnma Argibay Domínguez, das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Frades, proclamouse campioa infantil dos 3.000 metros femininos nas Xornadas de Atletismo en pista ao aire libre organizadas pola Federación Galega de Atletismo e disputadas este pasado domingo no Complexo Deportivo A Fieiteira (Ribeira). Enma Argibay foi a primeira clasificada da súa proba, cun tempo de 11 minutos e 56 segundos e sacándolle case minuto e medio á segunda clasificada. Tras esta vitoria, a atleta fradense participará no Campionato Provincial, nunha data aínda por pechar.