Versión en castellano
Inicio Novas Sesenta veciños e veciñas participan no XIV campionato municipal de pesca infantil do Concello de Frades
Sesenta veciños e veciñas participan no XIV campionato municipal de pesca infantil do Concello de Frades
Martes, 11 Xullo 2017 18:57

CampionatoPescaFrades2017webA decimocuarta edición do Campionato Municipal de Pesca Infantil, organizado polo Concello de Frades, refrendou o récord de participación acadado o ano pasado e reuniu na área recreativa do Muíño de Campoduro (Céltigos) a case sesenta veciños e veciñas. De entre eles, un total de 33 nenos e nenas menores de 16 anos tomaron parte no torneo, duplicando así a participación rexistrada en edicións anteriores. Máis fotos no noso Facebook.


O campionato comezou ás 10:00 horas deste sábado e, tras un inicio bastante prometedor en capturas, as troitas deixaron de picar. Aínda así, cada participante levou entre dúas e catro pezas para a súa casa. Unha vez rematada a xornada de pesca, o alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos; Medio Rural, Manuel Ferreiro; e Infraestruturas, Ramón Garabato, fixeron entrega de cadansúa medalla conmemorativa aos participantes, así como unhas lambonadas. O campionato rematou cun pequeno almorzo a base de empanada e bolos para repoñer forzas.