Versión en castellano
Inicio Novas Frades acollerá un curso gratuíto de macramé en setembro
Frades acollerá un curso gratuíto de macramé en setembro
Martes, 08 Agosto 2017 11:58

O Concello de Frades ten aberto xa o prazo de inscrición para un curso de macramé que se desenvolverá os días 5 e 12 de setembro. Esta actividade é gratuíta e está aberta á participación de mulleres de toda a comarca de Ordes. Desenvolverase no centro social da parroquia de Galegos, en horario de 16:30 a 18:30 horas. Contará cun servizo de coidado de nenos e nenas durante a duración das clases.

Neste curso ensinaranse as nocións básicas desta técnica de elaboración de nós decorativos con tecidos. Dispón de límite de prazas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 25 de agosto. Poden facelo no Concello de Frades ou na ONG Mestura, chamando ao 981 66 18 40 ou ao 669 86 79 78.

 

Este curso está organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura, con apoio da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.