Versión en castellano
Inicio Novas Os ‘Xoves de Praia’ acadaron en xullo unha participación media de ata 60 persoas cada semana
Os ‘Xoves de Praia’ acadaron en xullo unha participación media de ata 60 persoas cada semana
Mércores, 09 Agosto 2017 11:29

20170809_fradesxovespraiaxullo

O programa ‘Xoves de praia’ do Concello de Frades contou durante as saídas do mes de xullo con entre 50 e 60 participantes cada semana. A actividade continúa durante o mes de agosto, con saídas todos os xoves.

O destino elixido durante o pasado mes foi a praia de Boiro, por ser un areal idóneo para nenos e maiores, ao contar con zonas verdes con sombra e augas moi tranquilas. En agosto, ademais de Boiro, nalgunha das xornadas de agosto as saídas serán á praia da Magdalena, en Cabanas (A Coruña), posto que posúe características moi semellantes á de Boiro.

 

O autobús do programa ‘Xoves de praia’ recolle os veciños e veciñas polas distintas parroquias. As persoas interesadas en participar poden reservar praza por días ou polo mes completo. Teñen que facelo antes do martes previo á viaxe, acudindo á Casa do Concello ou chamando ao 981 69 55 67. O custo é de 7 euros por día para persoas empadroadas en Frades, e 10 euros por día para non empadroados. O prezo queda en 5 euros por saída para menores de doce anos.