Versión en castellano
Inicio Novas O equipo do Xuventude gaña por segundo ano consecutivo o Maratón de Fútbol de Frades
O equipo do Xuventude gaña por segundo ano consecutivo o Maratón de Fútbol de Frades
Martes, 22 Agosto 2017 00:00

XuventudeCampion2017webO equipo do Xuventude de Frades gañou por segundo ano consecutivo o Maratón de Fútbol do Concello de Frades, xogado esta fin de semana no campo municipal de Abellá e no que tomaron parte un total de sete equipos do municipio. A superioridade do Xuventude de Frades foi tal que tamén acaparou os trofeos ao máximo goleador e ao porteiro menos goleado, que foron entregados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.


O XX Maratón de Fútbol do Concello de Frades tivo lugar este domingo 20 de agosto no campo municipal de Abellá. Sete equipos, divididos en dous grupos, competiron en encontros de 30 minutos e os dous mellores pasaron ás semifinais. Na primeira semifinal, o Xuventude de Frades venceu por 1-0 ao Veteranos Ponte Carreira nun encontro moi desputado. A segunda final decantouse do lado do Paboi, tamén por 1-0, ante ao Papucín. O mesmo resultado repetiuse na final, na que o Xuventude impúxose por 1-0 ao Papucín.

 

O trofeo Pichichi ao máximo goleador foi para Nicolás (Xuventude) con 6 goles en 5 partidos. Pola súa banda, Costoya (Xuventude) levou o trofeo Zamora como porteiro menos goleado, xa que só encaixou un tanto en todo o torneo. A clasificación final do XX Maratón de Fútbol do Concello de Frades queda do seguinte xeito:

 

1º Xuventude

2º Paboi

3º Papucín

4º Veteranos Ponte Carreira

5º GafoiAiazo

6º Veteranos Abellá

7º FradesVitre