Versión en castellano
Inicio Novas Cheo total na excursión a Portugal, que incluíu un descenso do Miño en kaiak e unha visita ao monte de Santa Tegra
Cheo total na excursión a Portugal, que incluíu un descenso do Miño en kaiak e unha visita ao monte de Santa Tegra
Luns, 18 Setembro 2017 00:00

ExcursionFradesKayakwebUn grupo de 55 veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha excursión a Portugal. Unha viaxe na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez Carro, e monitores e monitoras de Vagalume Ocio e Tempo Libre.


A expedición saíu este sábado ás 8:00 horas de Frades e dividiuse en dous grupos. Os máis aventureiros participaron nun descenso do río Miño en kaiak, mentres que os máis tradicionais optaron por unha visita ao monte de Santa Tegra. Os 55 veciños e veciñas xuntáronse máis tarde para o xantar e unha visita á Fortaleza de Valença do Miño.

 

Esta mesma semana terá lugar unha excursión de 4 días a Mérida, Sevilla e Córdoba, cuxas 55 prazas tamén están xa cubertas. A temporada de viaxes de verán do Concello de Frades pecharase o vindeiro sábado 7 de outubro, cunha excursión á Festa do Marisco do Grove. O prezo é de 25 euros para persoas empadroadas e de 30 euros para non empadroadas (nenos/as ata 12 anos: 15 euros) e a data límite para anotarse é o venres 29 de setembro.