Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades colabora co CPI Ponte Carreira na organización dun curso de técnicas de estudo para o alumnado da ESO
O Concello de Frades colabora co CPI Ponte Carreira na organización dun curso de técnicas de estudo para o alumnado da ESO
Venres, 27 Outubro 2017 00:00

TecnicasEstudowebAlumnos e alumnas do CPI Ponte Carreira participarán durante os próximos días nunha serie de charlas sobre técnicas de estudo, organizadas en virtude do acordo de colaboración que mantén o Concello de Frades co centro escolar para cooperar nunha mellor formación do alumnado. O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu á primeira das tres sesións formativas que se impartirán a rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

 

Ferreiro, que destacou a importante colaboración ofrecida dende o CPI Ponte Carreira, explicou que “a través destes obradoiros, o alumnado aprenderá técnicas de motivación e para mellorar a súa atención e concentración. Tamén aprenderán a organizar mellor o seu tempo e a importancia de realizar esquemas e resumos de cara a un mellor aproveitamento do seu esforzo”. Deste xeito, o Concello de Frades dá continuidade ás charlas que tiveron lugar en anos anteriores, que xiraron sobre educación sexual, hixiene, alimentación, habilidades sociais e educación emocional, entre outras.