Versión en castellano
Inicio Novas Setenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Xuvenlugo
Setenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Xuvenlugo
Luns, 08 Xaneiro 2018 00:00

XuvenlugoFrades2018webUns setenta veciños e veciñas de Frades participaron na xa tradicional excursión que organiza todos os anos o Concello de Frades a “Xuvenlugo”, unha feira lucense que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. O Concello de Frades puxo dous autobuses de balde para todos os veciños e veciñas empadroados no municipio, mentres que as persoas non empadroadas tiveron que aboar a entrada ao recinto, que era de 5 euros.


Xa en Xuvenlugo, todos e todas puideron desfrutar dos inchables, dos coches de choque e do muro de escalada, así como participar nos obradoiros (de videoxogos e globoflexia) e varias atraccións (tren da bruxa, saltón e camas elásticas) ás que daban acceso a entrada ao recinto. As outras actividades (como a tirolesa, o paintball, o minigolf, o scaléxtric ou o kárting infantil) non estaban incluídas na entrada, pero non foron poucos os veciños e veciñas de Frades que participaron nelas.