Versión en castellano
Inicio Novas Un total de 95 veciños e veciñas de Frades percorren a cuarta etapa do tramo galego do Camiño de Santiago: Portomarín - Palas de Rei
Un total de 95 veciños e veciñas de Frades percorren a cuarta etapa do tramo galego do Camiño de Santiago: Portomarín - Palas de Rei
Luns, 22 Xaneiro 2018 00:00

EtapaCaminoFradeswebUn grupo de 95 veciños e veciñas de Frades participaron este sábado na cuarta das sete etapas do tramo galego do Camiño de Santiago, polo que xa levan percorrido 91 dos 159 quilómetros deste itinerario. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, que acompañou aos peregrinos durante os 25 quilómetros que separan Portomarín e Palas de Rei, destaca a gran participación que está a ter a iniciativa: “comezamos con 91 veciños e veciñas e despois demos o salto a 95 ou 96 camiñantes durante as seguintes etapas”.


 

A próxima etapa, Palas de Rei-Arzúa (29 km), terá lugar o sábado 3 de febreiro. As persoas interesadas en participar só teñen que anotarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567. O prezo por participante é de 10 euros. Os excursionistas decidirán se levan comida da casa ou prefiren que se organice un xantar nun restaurante da zona. As dúas últimas etapas serán: Arzúa-Pedrouzo (19,2 km) e Pedrouzo-Santiago de Compostela (19,9 km).